
Déixate conquistar por Terras Gauda
Para 2 persoas · Sen caducidade
Ofrecémoslle unha visita á nosa bodega nunha contorna agradable, poñendo á súa disposición varios horarios ao día.
Esta visita comeza cunha introdución no viñedo que nos rodea, continúa polo percorrido no interior da Bodega, onde se explica o proceso de elaboración do viño paso a paso, e remata degustando os nosos viños Terras Gauda e Abadía de San Campio.
A duración aproximada é de 1 hora, e é imprescindible realizar a reserva con antelación cubrindo o formulario.
Prezo adulto: 18,00 € (IVE incluído).
Prezo de 5 a 17 anos: 9,00 € (IVE incluído)
Menores de 4 anos: sen cargo
Consulten connosco se forman un grupo de máis de 10 persoas enviando unha mensaxe a enoturismo@terrasgauda.com
Se desexa regalar esta visita, ten a opción de solicitar un bono regalo..- Teña en conta que non é un proceso automático, polo que pode tardar en recibir o bono entre 24 e 48 horas
Como funciona
- Mercas o bono e pagas online.
- Recibes o código ao momento, por correo, para que o entregues cando queiras.
- Quen o reciba escríbenos co código e elixe a data que prefira, segundo dispoñibilidade.
Condicións da visita
- Todas as visitas van acompañadas da nosa guía.
- Rógase máxima puntualidade para o correcto funcionamento das actividades. Informámolos de que, dada a proximidade do país veciño, algúns móbiles adáptanse de xeito automático ao fuso horario de Portugal, que é unha hora menos que a nosa hora local.
- Os menores de idade deben ir acompañados por un adulto.
- Non está permitido o acceso con animais, agás se se trata de cans guía.
- A visita págase no momento de facer a reserva a través da pasarela de pago. No caso de cancelación, sempre e cando se realice con máis de 48 horas de antelación ao día da visita programada, debe enviarnos un email a enoturismo@terrasgauda.com e, se non hai posibilidade de cambio de datas, devolverase o importe a través de transferencia bancaria. Ya dentro das últimas 48 horas non se realizará ningunha devolución nin cambio de datas.
- As nosas instalacións (Bodega e Enotenda) son accesibles para persoas con mobilidade reducida, e para elas tamén temos reservadas 2 prazas de aparcadoiro.
BODEGAS TERRAS GAUDA.- Ctra Tui – A Guarda Km 55.- 36760 O Rosal – Pontevedra 0034 689 883 027 // 0034 986 621 045 // enoturismo@terrasgauda.com