
Pittacum Único
Para 2 persoas · Sen caducidade
Pittacum atópase situada en Arganza (El Bierzo), localidade de gran tradición vitivinícola, inmersa nunha extraordinaria e pintoresca paraxe natural da “Rexión Berciana”.
Esta tradición está moi presente en toda a nosa visita á Bodega, comezando polos viñedos octoxenarios, a arquitectura do caserón que a acolle, e continuando polo complexo proceso de elaboración dos nosos viños. A visita remata cunha degustación de Petit Pittacum e Pittacum Barrica na nosa sala de catas. A duración estímase en 75 minutos.
Para concertar unha visita é imprescindible cubrir o formulario web. Se a data desexada non está dispoñible, envíenos un email a enoturismo@pittacum.com polo menos con 48 horas de antelación á data desexada. Unha vez recibida a súa solicitude, poñerémonos en contacto para confirmala a través de correo electrónico. O horario axustaráse á dispoñibilidade da Bodega.
Prezo por persoa: 18,00 € (IVE incluído).
Se desexa regalar esta visita, ten a opción de solicitar un bono regalo. Teña en conta que non é un proceso automático polo que pode tardar en recibir o bono regalo entre 24 e 48 horas.-
Como funciona
- Mercas o bono e pagas online.
- Recibes o código ao momento, por correo, para que o entregues cando queiras.
- Quen o reciba escríbenos co código e elixe a data que prefira, segundo dispoñibilidade.
Condicións da visita
- Todas as visitas van acompañadas do noso guía e poderanse realizar en castelán e inglés.
- As prazas son limitadas. Non existe número mínimo de participantes e o máximo é de 14.
- Rógase máxima puntualidade para o correcto funcionamento das actividades.
- Os menores non pagan e deben ir acompañados por un adulto.
- Non está permitido o acceso con animais, agás se se trata de cans guía.
- A visita págase no momento de facer a reserva a través da pasarela de pago. No caso de cancelación, sempre e cando se realice con máis de 48 horas de antelación ao día da visita programada, debe enviarnos un email a enoturismo@pittacum.com e se non hai posibilidade de cambio de datas, devolverase o importe a través de transferencia bancaria. Ya dentro das últimas 48 horas non se realizará ningunha devolución nin cambio de datas.
VIÑEDOS Y BODEGAS PITTACUM. C/ Iglesia 11. Arganza – El Bierzo .(+34) 683 51 07 32 (+34) 987 54 80 54. enoturismo@pittacum.com