Déixate conquistar por Terras Gauda

Déixate conquistar por Terras Gauda

De luns a domingo 12:30 hrs // 17:30 hrs (Sábado 17:00 hrs)

Terras Gauda
Compartir
Próxima data dispoñible martes, 3 de novembro de 2026 12:30

Ofrecémoslle unha visita á nosa bodega nunha contorna agradable, poñendo á súa disposición varios horarios ao día.

Esta visita comeza cunha introdución no viñedo que nos rodea, continúa polo percorrido no interior da Bodega, onde se explica o proceso de elaboración do viño paso a paso, e remata degustando os nosos viños Terras Gauda e Abadía de San Campio.

A duración aproximada é de 1 hora, e é imprescindible realizar a reserva con antelación cubrindo o formulario.

Prezo adulto: 18,00 € (IVE incluído).

Prezo de 5 a 17 anos: 9,00 € (IVE incluído)

Menores de 4 anos: sen cargo

Consulten connosco se forman un grupo de máis de 10 persoas enviando unha mensaxe a enoturismo@terrasgauda.com

Se desexa regalar esta visita, ten a opción de solicitar un bono regalo..- Teña en conta que non é un proceso automático, polo que pode tardar en recibir o bono entre 24 e 48 horas

  • adultos: 18,00 €
  • de 5 a 17 anos: 9,00 €
  • De 0 a 4 anos: sen cargo

Información adicional

  1. Todas as visitas van acompañadas da nosa guía.
  2. Rógase máxima puntualidade para o correcto funcionamento das actividades. Informámolos de que, dada a proximidade do país veciño, algúns móbiles adáptanse de xeito automático ao fuso horario de Portugal, que é unha hora menos que a nosa hora local.
  3. Os menores de idade deben ir acompañados por un adulto.
  4. Non está permitido o acceso con animais, agás se se trata de cans guía.
  5. A visita págase no momento de facer a reserva a través da pasarela de pago. No caso de cancelación, sempre e cando se realice con máis de 48 horas de antelación ao día da visita programada, debe enviarnos un email a enoturismo@terrasgauda.com e, se non hai posibilidade de cambio de datas, devolverase o importe a través de transferencia bancaria. Ya dentro das últimas 48 horas non se realizará ningunha devolución nin cambio de datas.
  6. As nosas instalacións (Bodega e Enotenda) son accesibles para persoas con mobilidade reducida, e para elas tamén temos reservadas 2 prazas de aparcadoiro.

BODEGAS TERRAS GAUDA.- Ctra Tui – A Guarda Km 55.- 36760 O Rosal – Pontevedra 0034 689 883 027 // 0034 986 621 045 // enoturismo@terrasgauda.com

  • Aparcadoiro
  • Acceso en autobús
  • Duración da visita
  • Accesible
  • Menores de balde
  • Reserva previa

Como chegar

Estrada TUI–A Guarda, km 55, 36760 O Rosal (Pontevedra)

Como chegar

Reservar esta experiencia

Galería de fotos