En Boa Compañía … con Terras Gauda
Visita privada, de luns a domingo. 11:00 hrs, segundo dispoñibilidade
En boa compañía só poden ocorrer cousas boas, e en Terras Gauda temos o marco axeitado para iso.
Ofrecémosvos unha experiencia personalizada e singular que vos permitirá coñecer tres viños excelentes:
Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e La Mar,
… tres expresións do que se pode obter en O Rosal con traballo, coidado e mimos.
Tralo percorrido polo viñedo e a bodega para coñecer o proceso de elaboración de cada un deles, realizaremos a degustación destes tres magníficos viños, distinguindo cores e aromas. A degustación irá acompañada duns “petiscos”.
Para reservar é imprescindible cubrir o formulario web polo menos con 48 horas de antelación. Unha vez recibida a vosa reserva, poñerémonos en contacto para confirmar a hora a través de correo electrónico.
Prezo por persoa: 29,00 € (IVE Incluído).
*Visita para maiores de 18 anos.
Visita para un mínimo de 3 persoas.-
- Persoas: 29,00 €
Información adicional
- As visitas son exclusivas para o núcleo de persoas que veñan xuntas a gozar desta experiencia.
- Todas as visitas van acompañadas da nosa guía e poderanse realizar en galego, castelán e inglés. (Francés, consultade)
- Rógase máxima puntualidade para o correcto funcionamento das actividades. Informámolos de que, dada a proximidade do país veciño, algúns móbiles adáptanse de xeito automático ao fuso horario de Portugal, que é unha hora menos que a nosa hora local.
- Non está permitido o acceso con animais, agás se se trata de cans guía.
- A visita págase no momento de facer a reserva a través da pasarela de pago. No caso de cancelación, sempre e cando se realice con máis de 48 horas de antelación ao día da visita programada, debe enviarnos un email a enoturismo@terrasgauda.com e, se non hai posibilidade de cambio de datas, devolverase o importe a través de transferencia bancaria. Ya dentro das últimas 48 horas non se realizará ningunha devolución nin cambio de datas.
- As nosas instalacións (Bodega e Enotenda) son accesibles para persoas con mobilidade reducida, e para elas tamén temos reservadas 2 prazas de aparcadoiro.
BODEGAS TERRAS GAUDA.- Ctra Tui – A Guarda Km 55.- 36760 O Rosal – Pontevedra 0034 689 883 027 // 0034 986 621 045 // enoturismo@terrasgauda.com
- Aparcadoiro
- Duración da visita
- Accesible
Como chegar
Estrada TUI–A Guarda, km 55, 36760 O Rosal (Pontevedra)