Obradoiro: Brinde polo Benestar

Obradoiro: Brinde polo Benestar

Pídenos un presuposto personalizado

Pittacum
Compartir

Desconecta e recarga con “Brinde polo Benestar”!

Sentis que precisas un momento para ti, para reflexionar e reconectar? Propoñémosche unha experiencia diferente enfocada na busca do benestar personal, nuna contorna inmellorábel, e utilizando o viño como fío condutor.

No noso obradoiro “Brinde polo Benestar” gozarás dunha cata guiada de 3 viños da nosa bodega: Petit Pittacum, Pittacum Barrica e Aurea, mentres exploras de forma amena e reveladora as distintas áreas da túa vida a través da Roda da Vida.-

Trae ganas de mimarte e descubre como pequenos cambios poden transformar o teu día a día…

É unha oportunidade perfecta para:

  1. gozar dunha experiencia sensorial diferente
  2. reflexionar sobre o que realmente importa
  3. identificar áreas para mellorar o teu benestar
  4. deseñar un pequeno plan de acción personalizado para sentirte mellor

Agardámoste para brindar xuntos polo benestar. Reserva a túa praza e únete a esta experiencia inolvidable da man de Bierzo MICE

Consultar prezo por persoa

  • Adultos: sen cargo

Información adicional

  1. A visita realízase en castelán
  2. As prazas son limitadas.
  3. Rógase máxima puntualidade para o correcto funcionamento das actividades.
  4. Actividade recomendada para adultos
  5. Non está permitido o acceso con animais, agás se se trata de cans guía.
  6. A realización da actividade está supeditada a un mínimo de persoas. O máximo de persoas sería de 15
  7. A visita págase no momento de facer a reserva a través da pasarela de pago. No caso de cancelación, sempre e cando se realice con máis de 48 horas de antelación ao día da visita programada, debe enviarnos un email a enoturismo@pittacum.com e se non hai posibilidade de cambio de datas, devolverase o importe a través de transferencia bancaria. Ya dentro das últimas 48 horas non se realizará ningunha devolución nin cambio de datas.

VIÑEDOS Y BODEGAS PITTACUM. C/ Iglesia 11. Arganza – El Bierzo .(+34) 683 51 07 32 (+34) 987 54 80 54. enoturismo@pittacum.com

Como chegar

Calle Iglesia, 11, 24546 Arganza (El Bierzo, León)

Como chegar