Plan familiar
Visita privada cos máis pequenos. 11:00 hrs, baixo dispoñibilidade
Se queres visitar Terras Gauda cos máis pequenos ou “mozos” da casa e que eles/as tamén poidan coñecer e aprender das tradicións vitivinícolas, desenvolvemos esta experiencia especial consistente nuna visita en familia ao interior da bodega e un obradoiro no que me construírán unha lembranza co que aprenderon durante a visita.
A visita inclúe a degustación dos nosos viños Terras Gauda e Abadía de San Campio para as persoas adultas e mosto para os nenos/as, acompañados duns “petiscos”.
A duración aproximada é de 1 hora e media.
Para concertar esta visita é imprescindible cubrir o formulario web polo menos con 48 horas de antelación. Unha vez recibida a súa reserva, poñerémonos en contacto para confirmar a hora a través de correo electrónico. O número mínimo de participantes é de 2 e o máximo de 10, dos cales ata 6 poderán ser menores de idade.
Prezo por persoa adulta: 22,00 € (IVE incluído).
Prezo por menor: 9,00 € (IVE incluído).
- Adultos: 22,00 €
- Nenos: 9,00 €
Información adicional
- As visitas son exclusivas para o núcleo de persoas que veñan xuntas a gozar desta experiencia.
- Todas as visitas van acompañadas da nosa guía e poderanse realizar en galego, castelán e inglés. (Francés, consultade)
- Rógase máxima puntualidade para o correcto funcionamento das actividades. Informámolos de que, dada a proximidade do país veciño, algúns móbiles adáptanse de xeito automático ao fuso horario de Portugal, que é unha hora menos que a nosa hora local.
- Os menores deben ir acompañados por un adulto.
- Non está permitido o acceso con animais, agás se se trata de cans guía.
- A visita págase no momento de facer a reserva a través da pasarela de pago. No caso de cancelación, sempre e cando se realice con máis de 48 horas de antelación ao día da visita programada, debe enviarnos un email a enoturismo@terrasgauda.com e, se non hai posibilidade de cambio de datas, devolverase o importe a través de transferencia bancaria. Ya dentro das últimas 48 horas non se realizará ningunha devolución nin cambio de datas.
- As nosas instalacións (Bodega e Enotenda) son accesibles para persoas con mobilidade reducida, e para elas tamén temos reservadas 2 prazas de aparcadoiro.
BODEGAS TERRAS GAUDA.- Ctra Tui – A Guarda Km 55.- 36760 O Rosal – Pontevedra 0034 689 883 027 // 0034 986 621 045 // enoturismo@terrasgauda.com
- Aparcadoiro
- Acceso en autobús
- Duración da visita
- Accesible
- Reserva previa
Como chegar
Estrada TUI–A Guarda, km 55, 36760 O Rosal (Pontevedra)