Terras Gauda para 2
Sábado 13:30 hrs. Outros días, 11:00 hrs, segundo dispoñibilidade
Se queres sorprender, propóñomolos un plan moi especial para vós, se vedes en parella:
Percorreremos os nosos viñedos…
Faremos unha visita para coñecer os segredos dos viños da nosa bodega en O Rosal…
Xogaremos cos sentidos degustando Abadía de San Campio e Terras Gauda acompañados duns “petiscos”.
E como lembranza deste día tan especial, levarei una botella de Terras Gauda para gozar entre os dous.
Apetécevos o plan?
Na visita podedes coincidir ata 4 parellas (visita limitada a 8 persoas máximo)
Prezo por persoa: 28,00 € (IVE incluído).
Para reservar é imprescindible cubrir o formulario web polo menos con 48 horas de antelación. Unha vez recibida a vosa reserva, poñerémonos en contacto para confirmar a hora a través de correo electrónico.
Se desexa regalar esta visita, ten a opción de solicitar un bono regalo. Teña en conta que non é un proceso automático polo que pode tardar en recibir o bono regalo entre 24 e 48 horas.
- Adultos: 28,00 €
Información adicional
- Experiencia limitada a un máximo de 4 parellas.
- Todas as visitas van acompañadas da nosa guía e poderanse realizar en galego, castelán e inglés. (Francés, consultade)
- Rógase máxima puntualidade para o correcto funcionamento das actividades. Informámolos de que, dada a proximidade do país veciño, algúns móbiles adáptanse de xeito automático ao fuso horario de Portugal, que é unha hora menos que a nosa hora local.
- Non está permitido o acceso con animais, agás se se trata de cans guía.
- A visita págase no momento de facer a reserva a través da pasarela de pago. No caso de cancelación, sempre e cando se realice con máis de 48 horas de antelación ao día da visita programada, debe enviarnos un email a enoturismo@terrasgauda.com e, se non hai posibilidade de cambio de datas, devolverase o importe a través de transferencia bancaria. Ya dentro das últimas 48 horas non se realizará ningunha devolución nin cambio de datas.
- As nosas instalacións (Bodega e Enotenda) son accesibles para persoas con mobilidade reducida, e para elas tamén temos reservadas 2 prazas de aparcadoiro.
BODEGAS TERRAS GAUDA.- Ctra Tui – A Guarda Km 55.- 36760 O Rosal – Pontevedra 0034 689 883 027 // 0034 986 621 045 // enoturismo@terrasgauda.com
- Aparcadoiro
- Duración da visita
- Accesible
- Reserva previa
Como chegar
Estrada TUI–A Guarda, km 55, 36760 O Rosal (Pontevedra)